Outro ano máis animando o rural compostelano

Setembro 17th, 2010

…e xa van seis!

Ola!

Pois iso, que xa descansamos todo o verán e imaxinamos moitas actividades novas que a partir de Outubro poderemos poñer a andar.

Xa temos gañas de volver a vervos a todos/as!

Rematou Troularte… por este ano

Maio 29th, 2010

O ano que vén agardámosvos a tod@s e ás/aos que veñades nov@s tamén.

Moitas gracias a tod@s por pasalo tan ben con nós e facérnolo pasar a nós tan ben.

Un bicazo a :

Cole de O Sisto, Marrozos

Cole de Laraño

Cole de O Gaioso, O Eixo

Cole de A Susana

Cole de Roxos

Cole de Rodríguez Xixirei, Lavacolla

O libro de Troularte

Maio 29th, 2010

Pois na segunda quenda, a última do curso…., faremos o libro xigante que xa é tradición e que nos val de avaliación porque nel resumimos e recordamos todo o que fixemos, mes a mes, durante o ano.

traballando no libro no cole de Gaioso

seguen traballando no Eixo

o libro case rematado

en Laraño tamén traballamos o noso

Pablo, presentándolle o libro aos seus compañeir@s

Maio, o mes das Letras

Maio 29th, 2010

Neste mes aproveitaremos que se celebra o Día das nosas Letras, AS GALEGAS! para traballar arredor do conto.

Na primeira quenda faremos unha dinámica de animación á lectura onde partindo das ilustracións do libro»O Zoo de Xoquín» os nen@s terán que inventar o seu propio conto. A continuación faremos a nosa propia mascota con material de refugallo que podemos atopar por casa (un morcego utilizando unha pinza da roupa.

os morcegos de "O zoo de Xoquín"

Na segunda quenda aproveitamos para facer o noso propio «Conto Xigante» onde faremos unha avaliación de todo o curso a través das súas páxinas que maquetaremos entre tod@s.

a segunda quincena imos de Camiño por Galicia

Abril 21st, 2010

Pois este ano é Xacobeo e polo tanto imos aproveitar para facer o camiño dende o Cebreiro

A través dun xogo iremos percorrendo diferentes lugares nos que teremos que pasar unhas probas e con coidado de que non nos aparezan eses seres mitolóxicos que coñecemos a semana pasada.

Tamén faremos a nosa propia Compostelana decorada estilo pop.

o camiño a Compostela
o camiño a Compostela
facendo a compostelana Pop en O Eixo
facendo a compostelana Pop en O Eixo
Compostelana pop

Compostelana pop

montando as tendas en Marrozos

xogo do camiño en Marrozos

correndo que chegamos a Compostela!

a tenda de campaña en Laraño

a tenda de campaña en Laraño

chegou o bo tempo a Troularte no Eixo

chegou o bo tempo a Troularte no Eixo

Abril, o mes do imaxinario popular galego

Abril 12th, 2010

Desta volta traballaremos cun DVD ben interesante que fixeron o grupo Berrobambán, de aquí de Compostela que se chama «Boas Noites»

con el descubriremos as personaxes fantásticas galegas dun xeito divertido.

Despois traballaremos un pouco o aspecto creativo e faremos a nosa propia personaxe, a que máis nos guste en fieltro.

…xa vos achegaremos algunha foto que están quedando ben chulos.

a segunda receita…

Marzo 19th, 2010

pois esta quincena aprenderemos a cociñar descubrindo novos sabores e aumentando a nosa autoestima ó ver que nós tamén somos capaces de facer de comer e ben rico que nos queda…

primeiro tivemos que pescar o atún pra poder cociñar. O Rial, Laraño

primeiro tivemos que pescar o atún pra poder cociñar. O Rial, Laraño

cortando os ingredientes do recheo. Laraño

cortando os ingredientes do recheo. Laraño

ten boa pinta, eh?

ten boa pinta, eh?

Algunha foto da primeira semana de Marzo

Marzo 11th, 2010

Pois que xa temos a primeira remesa de fotos recén saídas do forno

cortanto o pavo en O Sisto

tamén lle botamos noces, en Laraño

ten pinta de saboroso, en Laraño

e no Eixo tamén nos saiu rico

completamos o "bocata" cun batido de plátano, no Sisto

unha das probas pra conseguir os alimentos

unha das probas pra conseguir os alimentos

uhmmm

coeducando e corresponsabilizando (en Laraño)

Repaso do curso

Marzo 2nd, 2010

autorretrato

na Susana

Chus contando

fomos vendimar

e fixemos viño

baleirando a cabaza en Marrozos

o calacú rematado

boneco viaxeiro en Lavacolla

O Apalpador de Anxo

un polbo feito con material reutilizable pro Apaldador

Ola!
Imos facer algo de memoria e recordar todo o que    estivemos facendo dende que comezamos o curso en Outubro.
Unhas cantas fotos que din que máis val unha imaxe que mil palabras.

Marzo, cociñamos nós

Marzo 2nd, 2010

Este mes faremos de comer experimentando con alimentos que normalmente non utilizamos e fixándonos en valores como o traballo en equipo e a coeducación que son aspectos trasversais en tódalas nosas actuacións.

Cadro orientativo das actividades a realizar este mes:

Marzo “Entre fogóns”
Obradoiro Xogos
1º semana _elaboración de sombreiro de cociñeiro/a personalizado

_bocata con pan de pita:

que leva taquiños de peituga de pavo, queixo de untar e froitos secos

_batido de froitas

Iremos facendo diferentes probas para que consigan os ingredientes e despois de cada un poden xogar a adiviñar cál será a receita.

Pavo: pelexa de pavos (por parellas, de cuncliñas e agachados)

queixo: vaca marela

froitos secos: carreira de barcas de casca de noz

2º semana _“vol au vent”:

É unha especie de tarriño de pasta quebrada que dentro levará leituga cortada en tiras finas, tomate en dados pequenos e atún con maionesa.

_batido de froitas

Probas pra conseguir os alimentos.

Leituga:

tomate: !toma tomate tómao…

atún: peixes e pescadores

con peixes de papel hai que levar o peixe á cesta, un por un, soprando

comendo en Marrozos

Olark Livehelp